Monday 29 de April de 2024

O martes, cine de verán en Caión coa comedia Cuñados


En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A praza Eduardo Vila Fano de Caión acollerá o martes (8 de marzo) pola noite a proxección ao aire libre e en pantalla xigante da comedia Cuñados, protagonizada polos actores galegos Xosé Antonio Touriñán, Fede Pérez e Miguel de Lira.

O inicio do filme será ás 22:30 h e xa desde unha hora antes, a partir das 21:30 h, haberá un posto no que se ofrecerán palomitas de balde a todos os asistentes.

A iniciativa lévase a cabo desde o Concello en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia dentro do programa Redecinema e no marco da Rede de Dinamización Lingüística.